Hoxe a protagonista do día foi Lucía e por iso veu a súa nai a nosa clase a compartir o momento da asamblea connosco. Tamén trouxo a mochila de Carapuchiña co seu libriño cheo de fotos que sacou con ela e unha caixa chea de cousiñas: un xilófono, un puzzle, a súa boneca Pepa e contos que a mesma Lucía lle contou aos seus compañeir@s. Moitas grazas por vir a compartir este momento con nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario