martes, 8 de octubre de 2013

Entramos na clase dos piratas.

Este curso entramos na nosa aula e un piratilla deunos a benvida. Deixounos uns traballos para aprender as letras dos piratas e un día chegou á nosa clase unha agradable sorpresa.





Ésta foi a mensaxe recibida

BOS DÍAS GRUMETES:
SON…. BO, EU SON… BUFF, NON ME LEMBRO DE QUEN SON.
PODO CONTARVOS QUE EU ESTABA TRANQUILAMENTE NO MEU…. ¿CÓMO SE CHAMABA ESE SITIO ONDE EU ESTABA…?
BO, O QUE ÍA, EU ESTABA ALÍ… E DE SÚPETO OÍN QUE UNS NENOS EMPEZABAN A TRABALLAR CUNHAS LETRAS DE… AI!! NON LEMBRO NADA…
POR FAVOR, AXÚDADEME, NON SEI QUEN SON NIN AS COUSAS QUE TEÑO QUE FACER….
NECESITO TER UN NOME E UN OFICIO!!!!
NECESÍTOVOS AMIGOS.


E así recibíchedes a carta pedíndovos información sobre os piratas. Enchemos a clase de contos, xogos, puzzles... e estamos totalmente metidos no mundo pirata. 

Pensamos que o primeiro que tiñamos que facer era poñerlle un nome o noso novo amigo e a verdade que eleximos moi, moi ben. PIRATA QUITAPENAS. O nome xurdíu porque falamos que levariamos o pirata ás nosas casas e que el defenderianos polas noites dos pesadelos, como un día en clase falamos do conto do sacapenas... quedounos este nome tan bonito. Como vedes foi despois de varias propostas e elexido por amplia maioría.
Despois de porlle un nome ó probe, pensamos que ben lle vendría un barco e" meu dito meu feito" aquí tedes o barco 









Cando tiñamos o barco preparado, buscamos un capitán, pero como todos querían, pensamos que na clase había alguén que podería exercer ese cargo sin que ninguén se enfadase, claro, claro, a candidata idónea era a profe Chiti. Pero por suposto, con ese nome non podería ir moi lonxe, buscámolle un novo, houbo varias propostas, bigotuda(eghem), guapa, cariñosa, gorda (eghem), simpática, amorosa... e por suposto o nome tan bonito elexido por maioría PIRATA FELIZ. Teño a honra de quedar con ese precioso novo nome.

Primeiro fixemos o xuramento, e despois bautizámonos cada un con 


XURAMENTO DA NOSA TRIPULACIÓN
PARA SEGUIR A CAPITANA ……………………..
TOCO DUAS VECES O MEU ……………………….
NA POPA, NA PROA, BABOR OU ESTRIBOR
LEVAREI POLO MUNDO O MEU C-R-Z-N.