jueves, 28 de abril de 2016

RECUNCHOS DE CLASE

Despois do recreo normalmente facemos o xogo por recunchos: experiencias, casiña, plástica, xogos e puzzles, biblioteca e construcións. É algo que lles encanta e no que xogan en equipos. É imposible tomar fotos dos mellores momentos pero aquí tedes unha pequena mostra de como xogan a diario:










































CUMPLE SAMUEL

Foi o cumple de Samu, e para celebralo fixémoslle un libriño de debuxos, puxo a súa coroa e compartiu co resto da clase unha "tarta-tren", encantoulles. Moitas grazas Samu!. Déixovos as fotos:







miércoles, 27 de abril de 2016

DÍA DA FIBROSE CÍSTICA

Hoxe conmemoramos este día para apoiar a nosa compañeira Leire e a todas as persoas afectadas por esta enfermidade. Saímos ao patio como o resto de cursos e alí formamos unha flor con sal de cores onde cada aula elaboraba unha parte. Déixovos o enlace co blogue do centro para que vexades ben como foi este momento:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/479

domingo, 24 de abril de 2016

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

CO PROFE FERNANDO, TÓDOLOS MARTES TEMOS UNHAS SESIÓNS MOI DIVERTIDAS, COAS QUE MELLORAMOS A NOSA LINGUAXE. 
ESTE MARTES, TOCOU PRACTICAR O SOPRO. 
QUÉ DIVERTIDO FOI!! 

sábado, 23 de abril de 2016

DIA DO LIBRO


Para conmemorar o día do libro estamos a elaborar o conto de Lúa, que tanto lles gusta, en formato papel. Tamén fixemos o conto de Lúa e o de Paxariña de papel en formato dixital. Aquí os tedes para velos en familia:





PROTAGONISTA LUCÍA

Hoxe a protagonista do día foi Lucía e por iso veu a súa nai a nosa clase a compartir o momento da asamblea connosco. Tamén trouxo a mochila de Carapuchiña co seu libriño cheo de fotos que sacou con ela e unha caixa chea de cousiñas: un xilófono, un puzzle, a súa boneca Pepa e contos que a mesma Lucía lle contou aos seus compañeir@s. Moitas grazas por vir a compartir este momento con nós!