lunes, 30 de mayo de 2016

SEMANA DA TRISTEZA

A semana pasada traballamos a semana da tristeza:
-  Fixemos uns bonequiños tristes da cor azul da tristeza que levaron para casa.
- Pintamos  un mural recreando un cadro do pintor Roy Fox Lichtenstein, onde se ve unha rapaza chorando, eles mesmos puxéronlle os puntiños característicos do pop art.
- Vimos  o conto de "Cuando estoy triste" e a continuación comentamos cando nos poñemos tristes: algúns dicían cando un neno lles pega, outros cando vomitan, outros cando non están con mamá...
 - Coñecimos unha canción de tristeza que nos ensinou a profe Mari, " Pobre Sofía", co cal os nenos/as decidiron que a rapaza do mural era Sofía.








viernes, 27 de mayo de 2016

CUMPLE DE ANA

Hoxe a cumpleñera foi Ana, desde que entrou pola porta de clase non parou de preguntarme " Profe cando é o cumple?".Primeiro preparámoslle uns debuxos para o libriño e fixemos outras actividades e cando lle dixen por fin que xa era o momento puxo unha sonrisa de orella a orella! Moitas felicidades!








PROTAGONISTA IZAN

Hoxe coma todos os días o primeiriño que fixemos foi a asemblea, pero cunha invitada especial, a mamá de Izan, hai que dicir que Izan estaba bastante nervioso pero contento. Tróuxonos xoguetes e varios contos que quixo ler el mesmo. Moitísimas grazas pola visita!
















jueves, 26 de mayo de 2016

PROTAGONISTA EVA E SIMULACRO

O mércores foi un día movidiño: a primeira hora veu a visitarnos a nai de Eva ( non puido vir a semana anterior) e despois fixemos un simulacro de incendios.
A nai de Eva veu a nosa clase pois tiveron a Carapuchiña na súa casa e querían compartir con nosco as cousiñas de Eva: instrumentos, disfraces, bonecos, fotos... Primeiro fixemos a asemblea e despois vimos o que había dentro da caixa. Agradecemos un montón as vosas visitas!
 Deixo aquí debaixo as fotos do momento da protagonista e despois o enlace co video do simulacro nas noticias!












lunes, 23 de mayo de 2016

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O venres pasado conmemoramos no salón de actos do colexio o Día das Letras Galegas adicado este ano a Manuel María.
Os nenos/as de 3 bailaron a canción da Roda Roda, portáronse moi ben e atenderon ao resto de compañeiros/as do cole que nos falaron da súa vida e obra, recitaron poesías e representaron obras de teatro. Déixovos o enlace coa páxina do cole onde podedes ver como foi a conmemoración, tamén vos deixo un pequeno video onde se ve un anaquiño do que bailamos:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/475


martes, 17 de mayo de 2016

SEMANA DA ALEGRÍA

A semana pasada foi a semana da alegría, así pois seguimos traballando as emocións , pero profundizando máis polo miúdo nesta emoción en concreto:
- Colocamos o noso monstro de cores coas súas emocións nuns corazóns.
- Fixemos unhas bocas de risa.
- Vimos diferentes contos: o das emocións, o de Así es mi corazón, o que trouxo Laura e o que trouxo Daniela ( Daniela tamén trouxo un puzzle co que xogamos por mesas).
- Xogamos co dominó das emocións.
- Representamos un cadro do artista Leandro Lamas que expresa a emoción da alegría á perfección nas súas obras ( cheas de cores e sonrisas, na foto faltábanlle por pintar as sonrisas dos animais).
Déixovos as fotos e vídeos: