Hoxe celebramos o día do autismo que foi o 2 de abril, sábado. A semana pasada eu e a profe Mari falamos cos nen@s sobre o autismo, para que entendan o que é e se sensibilicen coas necesidades dos nenos que o teñen, xa que ademais no cole hai unha nena con autismo, Yoli.
Para celebrar este día o cole apareceu decorado con globos azuis, todos profes e alumnos nos puxemos uns lazos azuis e na hora de ler xuntámonos todas as aulas no salón de actos e fixemos diferentes actividades. Por una parte vimos un video feito pola clase de Yoli e un dos seus compañeiros leu un texto, por outra parte bailamos a canción de Macaco "una marea de gente" con pictogramas, e por último decoramos o símbolo do autismo, que é un lazo, cada aula decorou un anaco.
Aquí vos deixo as fotos da celebración, a canción que bailamos, e o vídeo da actuación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario