sábado, 4 de junio de 2016

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente, por este motivo e porque tamén nos apetecía á profe Mari e a min (non vamos negalo), esta semana fixemos algunhas actividades para promover o coidado do mesmo.
O mércores, coincidindo tamén coa semana da calma, fixemos os botes da calma, estes botes foron feitos coas botellas recicladas de plástico que trouxeron os nenos/as e como xa vos expliques na nota dentro botámoslle auga templada, xel de baño, colorante, brillantina e algúns adornos, estas botellas serven para calmar aos pequenos cando están alterados e foron ideadas por M. Montessori.
O xoves fixemos uns comedeiros para paxaros conxuntamente cos nenos e nenas de 4 anos, estes están feitos con tubos de cartón untados en crema de cacahuete con alpiste, gustoulles moito facelos e tamén lles gustou moito a crema que algúns cataron co dedo! Colgámolos nas árbores do patio con lá.
O venres prantamos herba nos maceteiros feitos cos iogures reciclados, ademáis cada un ten una foto pegada de cada neno para cando vaia medrando pareza que é o seu pelo.
Continuaremos informándovos das novidades e de como crecen os pelos!


4 comentarios:

  1. Un aplauso por las profesoras!!como hacen trabajar a los peques y además se lo pasan genial.

    ResponderEliminar
  2. Por certo o video ten música, o altavoz que trae ven apagado por defecto e hai que darlle para encendelo...non sei porque motivo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ya decía yo que era raro que no tuvieran musica..jeje.gracias por avisar

      Eliminar