sábado, 7 de mayo de 2016

PROTAGONISTA CRISTIAN

O venres a pimeira hora veu a mamá de Cristian pasar connosco un ratiño e compartir cousiñas de Cristian. Primeiro pasamos a lista, ainda que non fixemos todas as rutinas da asemblea para que non se alongara moito o momento, xa que eles querían ver que era o que traían alí gardado nunha bolsa e nun maletín. Primeiro vimos un conto con imaxes de animais e despois xoguetes de Cristian. O misterioso maletín que tiña buratiños e eles pensaban que tiña dentro un pitiño en realidade era un maletín de ferramentas! Por último ensinounos o caderno de Carapuchiña coas fotos do que fixeron xuntos, moitas grazas por vir a vernos e compartir este momento!













No hay comentarios:

Publicar un comentario