O venres pasado o protagonista do día foi Diego así que trouxo a mochila de Carapuchiña e súa libreta con fotos do seu día a día con el, ademais tamén trouxo un conto de Carapuchiña adaptado coa súa propia canción.
A súa nai tamén veu a visitarnos e tróuxonos un montón de cousas: bonecos, instrumentos, xogos, un álbume de fotos de cando Diego era máis pequeniño e tamén fotos das súas vacacións, ademais leunos un conto moi divertido! Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario