Iniciamos a semana coa lectura do conto Monstruo de colores, que fala dunha forma moi sinxela das diferentes emocións, despois seguimos traballando sobre o conto e ademais hoxe fixemos unha "plastilina" caseira con algunhas cores dos diferentes sentimentos: azul-tristeza, amarelo-alegría, rosa-amor... algún tamén as misturou e creo a cor verde-calma :D
Teño que agradecer moitísimo ás familias que colaboraron con nós e trouxeron contos que falan sobre o tema e incluso fotos.
Podedes ver aquí algunhas fotos do momento "plastilina" e dos contos de Noa, Izan, Xián e Lucía, vimos un cada día. Ao final deixo o vídeo do Monstruo de colores.
oh! que chulo! e eu na casa, que ganas de volver para experimentar con vós! Cando volva teño algún conto para prestarvos
ResponderEliminarMe encanta. Seguid trabajando así de bien. Muchos besos. Enhorabuena Raquel
ResponderEliminarMe encanta. Seguid trabajando así de bien. Muchos besos. Enhorabuena Raquel
ResponderEliminarGrazas ás dúas! :)
ResponderEliminarYo pensaba que era comprada.quedo GENIAL!!ya nos puedes ir pasando la receta.
ResponderEliminarPois fixémola un pouco a ollo por iso non vai perfecta pero quedou bastante ben. Ingredientes: 2 tazas de fariña, 1/2 de sal fina, 1/2 de maicena, 1 de auga fervendo( eu boteina quente pero do grifo), 2 culleradas de aceite( botamos máis porque senón non quedaba ben, depende do tamaño das tazas) un pouco de limón para darlle olor( non se notou moito, pódese facer tamén con canela, nuez moscada...)e por último colorantes, amásase moito todo e xa está.
EliminarEn internet hai moitas receitas, algunhas con cocción, eu fixen a máis sinxela para facer en clase, pero para facer en casa igual hai outras que duran máis, moitas grazas por comentar!
EliminarLa probaremos.gracias
ResponderEliminar